Sería nas vésperas de Nadal cando saíu a nova de que nalgúns distritos de Madrid o goberno local propoñía substituír nas cabalgatas dos Reis Magos a un deles por unha Reina Maga.
Non que fose unha muller a que se disfrazase de Rei, non, se non que unha muller fixera de reina.
Inmediatamente creouse a polémica que todos e todas sabemos, pois esta transcendería á cidade de Madrid e estenderíase por todo o Estado, tanto nos medios de comunicacións, coma nas redes sociais como nas conversas de toda a xente.
Días mais tarde sairía a nova de que na misa celebrada polo Papa Francisno por aninovo un dos tres Reis Magos que había non era rei se non reina, pero ista non tivo tanta transcendencia.
Debeu ser que como eran dous cativos e unha cativa en vez de persoas adultas foi só unha “chiquillada...”
Cada un de nós sabe cales foron os comentarios ou as opinión que escoitou ou leu, pero eu mentres ollaba novas sobre o tema vin o seguinte tweet:
A ver como le explicas a un niño lo de la Reina Maga...
Carmena suelo estar de acuerdo contigo pero esto es ridículo
— LaImperfecta (@SoyLaImperfecta) December 23, 2015
A verdade é que aínda non sei como llo explicaría eu a un cativo pero si que podería tratar de explicar por que a min non se me desmonta o mundo se vise unha reina na cabalgata, ou mesmo alegraríame de vela alí.
Primeiro empezaría por tratar de explicar de onde ven esta festa a cal chamamos Epifanía e que significa “aparición, manifestación, fenómeno”.
Na igrexa católica falamos de Epifanías como os momentos nos que Xesús se amosou como o Cristo (o unxido de Deus) sendo humano a todas as persoas do mundo e sendo tres as consideradas como tales:
- A Epifanía dos Magos de Oriente, como o momento no que naceu e se fixo carne.
- A Epifanía de Xoán o Bautista, como o momento no que foi bautizado no rio Xordán
- A Epifanía de Cristo nas vodas de Caná, como o momento no que comezaría o seu ministerio, o seu servizo.
Centrándonos na primeira que é sobre a que vai este artigo atopamos o relato bíblico en Mateo 2, 1-12. Nel fálase duns magos de Oriente que chegaron a Belén seguindo o rastro dunha estrela e que unha vez a atoparon e viron o neno, sentindo unha grande ledicia, agasallárono con ouro incenso e mirra.
No relato atopamos os seguintes elementos:
- Uns magos: O termo mago é o que empregaban os orientais para referirse aos homes sabios, de ciencias. Como diría hoxe na súa homilía o Papa Francisco: persoas de corazóns inquietos, que se fan preguntas e andan na procura de respostas.
- De oriente: de mais aló das fronteiras de Xerusalén.
- Unha estrela que pon os magos en camiño: os sabios de oriente atopan unha luz brillante que dalgún xeito chámalles a atención e estes senten o desexo de coñecela e poñerse en camiño na súa procura.
- Un encontro: cando atopan a Xesús, a fonte de dita luz, senten unha grande ledicia.
- Tres agasallos: esa ledicia lévaos a prostrarse ante el e a renderlle homenaxe ofrecéndolle ouro, incenso e mirra. O primeiro agasallo para o neno Rei, o segundo para o neno Deus e o último para o neno Home.
En ningún momento o relato fala dun número exacto nin de reis.
Foi séculos mais tarde cando a tradición establecería en tres o número deles (3 agasallos, 3 magos. Fácil e sinxelo), daríalles nomes (o primeiro relato no que se citan os nomes de Melchor, Gaspar e Baltasar data do século V), diría que procedían de Europa, Asia e África (mais tarde Benedicto XVI diría que existe a posibilidade de que procedesen de Tartessos) e mesmo pasarían a ser reis...
Fose como fose e para concluir e sintetizar a explicación na que andaba á procura:
A historia dos Reis Magos é a historia de todas aquelas persoas, que procedentes de todos os recunchos do planeta, sen distinción de sexo, raza ou cultura, atopamos en Xesús a chamada de Deus a seguilo e as respostas ás inquedanzas que ningunha outra estrela das que atopamos no noso día a día é capaz de responder. Sendo o froito deste encontro a ledicia e a homenaxe.
Por isto pregunto:
- Seguen sendo Melchor, Gaspar e Baltasar fieis representantes deste relato?
- Tanto dano faría incluir ás mulleres como parte desa representación da humanidade?
- Que é mais importante, a tradición ou o auténtico significado desta festa?
Como sempre calquer outro comentario ou reflexión é benvida.
Fontes:
Fontes:
- El Papa en la Epifanía: "Como la luna es la Iglesia. No brilla con su propia luz, sino con la de Cristo" (homilía do Papa Francisco pola Epifanía de 2016)
- El Papa incluye a una 'reina maga' en la misa de Año Nuevo
- Epifanía del señor (ewtn.com)
- Reyes Magos (Wikipedia)
- ¿Por qué los Reyes Magos regalaron oro, incienso y mirra? (20minutos.es, 2014)
- Los Reyes Magos, según Benedicto XVI: ¿Sabios de Persia o reyes de Tarsis?

Supoño que a favor e en contra deste artigo hai razons de moito peso. Pode parecer que o mais convinte e seguir ca tradicion de Melchor Gaspar e Baltasar, sen embargo eu creo que xa son horas de avanzar un pouco. Dende pequena cando empecei participar como 'paxe real' na cabalgata de Bertamirans morria por chegar a ser Baltasar (porque como era rapaza, non podia ser que fora Melchor ou Gaspar, claro.[VEXASE A IRONIA]). Creo que xa se leva moito andadono referente a este tema, e penso que cambiar un pouco a'tradicion' seria algo positivo e incluso poderia ser bo para abrir un pouco a mente e deixarde ter pensamentos tan pechados.
ResponderEliminar