martes, 8 de diciembre de 2015

Érase unha fe


Sinopse:

É a fe a mesma na Sabana, nos montes tibetanos ou na selva do Amazonas?

Esta é a pregunta que se fan Charles e Gabriel. 

Con 23 e 25 anos, parten nunha viaxe, con medios escasos, ao encontro dos cristiáns do outro lado do mundo e dunha igrexa a veces "esquecida".

Esta é sen dúbida unha das Voltas ao Mundo mais inesperadas e insólitas.

Dous xóvenes viaxan en bicicleta durante un ano polas rutas da Fe para chegar a coñecer a estes cristiáns esquecidos e perseguidos 2000 anos despois de Xesucristo.  

Un só obxectivo para estes mochileros: compartir esta mesma fe que une os pobos, que en aparencia,
nada teñen que ver con eles... 

A súa ruta lévalles a Rumanía, Turquía, Siria, Irak, India, Nepal, Tibet, China, Tailandia, Senegal, Mauritania, Algeria e ao Amazonas… 

Unha viaxe para arraigarse mais, e un punto de partida para responder tamés a estas preguntas, tan importantes como complexas: Que é a Fe? Innata, universal, esencial?

Ficha técnica:

  • Título Orixinal: Il était une Foi 
  • Ano de produción: 2010 
  • País: Francia 
  • Dirección: Pierre Barnérias 
  • Guión: Gabriel de Lépinau, Charles Guilhamonf 
  • Música: Thierry Durel, Louis de Lépinau 
  • Fotografía: Gabriel de Lépinau, Charles Guilhamon 
  • Duración: 84 min. 
  • Xénero: Documental

Tráiler:

Para a reflexión:

Estas son simplemente suxerencias para a reflexión síntete libre de compartir, preguntar e responder o que queiras.

  • Que diferenzas entre as maneiras de vivir a fe que se ven no documental e as nosas te chamaron mais a atención e por que?
  • Coñeces algunha outra realidade que che pareza interesante?
  • Como definirías en poucas palabras que é o que fai universal á fe cristiana?
  • A túa maneira de vivir a fe, cumple con esa definición?

Para a visualización:

Non atopei este documental en ningures salvo en tendas online para comprar o dvd e Netflix.

Se alguén o atopa noutro sitio que avise.

Se non a unica opción de balde que vexo é aproveitar o mes de suscrición que regala Netflix. Piden datos para poder cobrar a suscrición pero se vos dades de baixa antes de que remate o mes non pagaredes nada e poderedes seguir utilizándoo durante o que vos resta de mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario