Sinopse:
É a fe a mesma na Sabana, nos montes tibetanos ou na selva do Amazonas?
Esta é a pregunta que se fan Charles e Gabriel.
Con 23 e 25 anos, parten nunha viaxe, con medios escasos, ao encontro dos cristiáns do outro lado do mundo e dunha igrexa a veces "esquecida".
Esta é sen dúbida unha das Voltas ao Mundo mais inesperadas e insólitas.
Dous xóvenes viaxan en bicicleta durante un ano polas rutas da Fe para chegar a coñecer a estes cristiáns esquecidos e perseguidos 2000 anos despois de Xesucristo.
Un só obxectivo para estes mochileros: compartir esta mesma fe que une os pobos, que en aparencia,
nada teñen que ver con eles...
A súa ruta lévalles a Rumanía, Turquía, Siria, Irak, India, Nepal, Tibet, China, Tailandia, Senegal, Mauritania, Algeria e ao Amazonas…
Unha viaxe para arraigarse mais, e un punto de partida para responder tamés a estas preguntas, tan importantes como complexas: Que é a Fe? Innata, universal, esencial?
Ficha técnica:
- Título Orixinal: Il était une Foi
- Ano de produción: 2010
- País: Francia
- Dirección: Pierre Barnérias
- Guión: Gabriel de Lépinau, Charles Guilhamonf
- Música: Thierry Durel, Louis de Lépinau
- Fotografía: Gabriel de Lépinau, Charles Guilhamon
- Duración: 84 min.
- Xénero: Documental
Tráiler:
Para a reflexión:
Estas son simplemente suxerencias para a reflexión síntete libre de compartir, preguntar e responder o que queiras.
- Que diferenzas entre as maneiras de vivir a fe que se ven no documental e as nosas te chamaron mais a atención e por que?
- Coñeces algunha outra realidade que che pareza interesante?
- Como definirías en poucas palabras que é o que fai universal á fe cristiana?
- A túa maneira de vivir a fe, cumple con esa definición?
Para a visualización:
Non atopei este documental en ningures salvo en tendas online para comprar o dvd e Netflix.
Se alguén o atopa noutro sitio que avise.
Se non a unica opción de balde que vexo é aproveitar o mes de suscrición que regala Netflix. Piden datos para poder cobrar a suscrición pero se vos dades de baixa antes de que remate o mes non pagaredes nada e poderedes seguir utilizándoo durante o que vos resta de mes.
