jueves, 25 de febrero de 2016

Democracia

Non teño moi claro como funciona esto do blog, a ver se son capaz de facelo ben.
Hoxe despois de cear, vin co meu irman dous videos en internet e pareceronme moi interesantes. Invítovos a que os vexades :D

https://www.youtube.com/watch?v=UoP_mSIHqTY

miércoles, 6 de enero de 2016

Queridas Reinas Magas


Sería nas vésperas de Nadal cando saíu a nova de que nalgúns distritos de Madrid o goberno local propoñía substituír nas cabalgatas dos Reis Magos a un deles por unha Reina Maga.

Non que fose unha muller a que se disfrazase de Rei, non, se non que unha muller fixera de reina.

Inmediatamente creouse a polémica que todos e todas sabemos, pois esta transcendería á cidade de Madrid e estenderíase por todo o Estado, tanto nos medios de comunicacións, coma nas redes sociais como nas conversas de toda a xente.

Días mais tarde sairía a nova de que na misa celebrada polo Papa Francisno por aninovo un dos tres Reis Magos que había non era rei se non reina, pero ista non tivo tanta transcendencia.

Debeu ser que como eran dous cativos e unha cativa en vez de persoas adultas foi só unha “chiquillada...”

Cada un de nós sabe cales foron os comentarios ou as opinión que escoitou ou leu,  pero eu mentres ollaba novas sobre o tema vin o seguinte tweet:

A verdade é que aínda non sei como llo explicaría eu a un cativo pero si que podería tratar de explicar por que a min non se me desmonta o mundo se vise unha reina na cabalgata, ou mesmo alegraríame de vela alí.

Primeiro empezaría por tratar de explicar de onde ven esta festa a cal chamamos Epifanía e que significa “aparición, manifestación, fenómeno”.